Para o proxecto europeo eTwinning, Jéssica e Lucía tiveron que prepararse para esciribir, por iso, melloramos un pouco a nosa técnica no correo electrónico, pero aprendimos máis sobre o correo postal, ese co que hai anos todo o mundo se comunicaba.
Así que traballamos sobre:
1. A DIRECCIÓN POSTAL
As nosas direccións son a identificación das nosas casas. Aprendimos o que significa cada parte da dirección postal.
2. PRACTICAMOS CO GOOGLE MAPS
Buscamos as nosas casas e as dos coñecidos, botamos a andar o Street Viewer e divertímonos buscando lugares.
3. EXPERIMENTAMOS FACENDO SOBRES
Seguindo as
instucións do Portuguese Team.
4. ESCRIBIMOS CARTAS AOS NOSOS COMPAÑEIROS EUROPEOS
Ao seu nome, á súa dirección, cos nosos mellores desexos.
5. VISITAMOS A OFICINA DE CORREOS
(con axudas moi especiales, pois fomos apoiadas pola clase de 6º e por María, nai de Cristina de E.I., membro da ANPA e Luís Miguel, o noso carteiro favorito)
O día 6 fomos ata a Oficina de Correos de Becerreá, onde fomos moi ben atendidos por María. Alí aprendimos tantas cousas que... decidimos que será a nosa aportación para a Revista Escolar.
Entre as cousas que aprendimos: como funciona a recollida e envío de cartas e paquetes, o que é unha PDA, o que é o código postal e a súa importancia, como cubrir un sobre adecuadamente, a diferencia entre correo ordinario e certificado, e ata escribimos unha carta para a profesora Gema.
Estas son imaxes do día:
E esta é a nosa redacción do feito este día.
6. ENTREVISTAMOS O NOSO CARTEIRO, LUIS MIGUEL.
Na nosa visita a Correos, aproveitamos a descubrir cal é o traballo que, cada día, fan os carteiros que nos permiten recibir o que os nosos amigos nos envían.
Explicounos e ensinounos onde traballan, como organizan os pedidos, como os informatizan, etc.