O 2015 é o ano da luz, polo que o noso alumnado ten que experimentar con este tipo de enerxía para coñecelo mellor.
Aquí están Dani e Javi, de terceiro, facendo a descomposición da luz. Como ben nos contou Lucía na entrada anterior, a luz é unha enerxía que, se ben parece branca, está composta por 7 cores, as cores do arcoiris.
Precisamente traballamos o arcoiris no proxecto europeo e na Semana da Paz. Agora, fixemos un par de arcoiris na clase. Mirade:
Pero, vimos que tamén se pode conseguir a descomposición da luz por outros medios:
Mirade como se consegue: