Durante algo máis dun mes tivemos a axuda da nosa profe Marta. Ela axudounos a traballar e a aprender cousas novas. O seu proxecto proposto foi sobre o corpo humano, especialmente, sobre o aparello dixestivo.
Durante esta aprendizaxe fixemos moitas cousas:
1. Completamos un caderniño que recollía toda a unidade didáctica.
2. Traballamos na aula TIC con xogos e programas específicos que nos axudaron a recordar nomes e funcións das partes do noso aparello dixestivo
3. Construímos unha pirámide alimentaria
4. Analizamos o menú do comedor, en función de todo o aprendido.
Xogo 1
Xogo 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario