Rosa Medeiros é a profesora coa que traballamos no eTwinning cos portugueses.
Acaba de gañar un premio en Portugal polo proxecto que fixo connosco: A historia da miña casa. Nós tamén tivemos premio porque temos un selo nacional e outro europeo. E fomos Proxecto do Mes en novembro.
Todos estamos moi contentos.
Cando o soubemos quixemos preguntarlle moitas cousas, así que escribimos un correo con preguntas que ela contestou:
Cando soubeches que tiñas o premio?
Vin no
seguinte link :
http://etwinning.dge.mec.pt/2014/11/17/premios-nacionais-2014/
(alguén colocara no facebook) e depois recibin email ( 17 de novembro).
Como o celebraches cos teus alumnos?
Neste momento só están na clase 5 dos alumnos que desenvolveram o proxecto.
Estivemos a recordar as cousas que tíñamos feito e os socios cos que tíñamos
traballado...
Máis tarde xuntámonos, como podedes ver na foto
!
Que levas de premio?
Gañamos ( eu e professora Paula Matos) unha
estatuilla, unha tablet, unha mochila, outra
para portátil, unha camiseta, axenda, libro de notas, memoria usb co símbolo etw, boli, etc... Parece que Papá Noel se anticipou :)
Pero levo encima de todo, orgullo polos nosos alumnos! Eles e todos os
colegas socios son os mellores!!!
Estás contenta?
Si, moito ! Moito feliz polo traballo colaborativo que resultou tan ben ! Tal tornouse visíble grcias a la profesora
Susana Vázquez que supo apoiar, ensinar, aceptar , suxerir e coordinar...
Esta alegria é ainda compartida con todos os socios e
profesores colaboradores e encargados de educación. Grazas a todos! Ninguén vence soliño!
Que é o que máis che gustou de ter un
premio?
Sabedes? Unha vez lin que a calidade dun proxecto está na calidade de quen o evalúa. Supoño que foi iso o que aconteceu ...
o recoñecemento, a emoción ao descubrir que alguén de calidade viu algo moi bon no que foi feito ...
Que vas facer agora?
Continuar a participar em proxectos eTwinning
e convidar e entusiasmar novos colegas a ter igual experiencia e así axudar
a formar unha Europa máis empeñada, tolerante e solidaria.
"Obrigada Lúcia e Fátima. Um abraço dos
Açores!"
Mil graças, companheira Rosa! E parabéns desde Becerreá.
ResponderEliminarOxalá este novo ano acadêmico nos traga novas experiências e sejam tão boas!
Prazer trabalhar com vocês.
Parabéns a todos os compañeiros.
ResponderEliminarO premio é ter traballado xuntos
PARABÉNS A TOD@S!!!! Os pais/nais do Ceip San Xoán de Becerreá estamos moi agradecidos de que profesores como tod@ vos teñades este grado de implicación persoal e profesional c@s nos@s fill@s e esperamos que continuedes facendo esta gran labor de desenvolvemento,comunicación e interacción entre tod@s.Moitas gracias!!!
ResponderEliminarGrazas a vós!
EliminarFoi un bo proxecto... e xa se está cociñando o deste curso!!
ResponderEliminar